Na biblioteca temos diversos xogos de mesa. Hainos para un xogador ou para equipos, con partidas que duran 10 minutos ou 10 días, competitivos ou cooperativos… O único certo é que ninguén se aburre con eles!
Lecturas para sol e sombra
Nas vacacións imos aproveitar o tempo para recuperar vitamina D e gozar coas novidades que acaban de chegar á biblio. Aquí tes unha selección do que podes ler nestes meses. Hai para todos os gustos!