Xogos de mesa

Na biblioteca temos diversos xogos de mesa. Hainos para un xogador ou para equipos, con partidas que duran 10 minutos ou 10 días, competitivos ou cooperativos… O único certo é que ninguén se aburre con eles!

Estamos de estrea!

Volvimos á rúa; volvimos ao mar; volvimos sentir o sol e a choiva na pel… Volvimos vernos, e falar. E aquí estamos tamén de volta, cunha imaxe renovada, con moitas gañas de descubrir novas lecturas, xogos, películas, de aprender cousas novas… En definitiva, con gañas de vivir!!